A actividade Roteiros
Culturais polo Patrimonio de Dodro
constará dunha soa actividade, dividida en cinco días, coa que se
buscarán os obxectivos expresados antes, pero principalmente darlles
a coñecer o patrimonio que os rodea e inculcarlle o respecto por
este ós xóvenes de entre 15 e 30 anos do concello de Dodro e
concellos dos arredores.
Os cinco días distribuiranse da seguinte maneira:
Primeira xornada (3 de agosto ): O patrimonio arquitectónico de
Dodro
Adicaremoslle o día o coñecemento do patrimonio arquitectónico,
especialmente da Idade Moderna, visitando as igrexas, pazos e capelas
desta época. O roteiro sairá do pazo de Lestrove, pasando polos
núcleos de Sta María de Dodro, Vigo, Tarrío e acabará en s. Xián
de Laíño.
Segunda xornada (10 de agosto): O patrimonio etnográfico de Dodro
Nesta xornada coñeceremos o patrimonio etnográfico e a arquitectura
popular do concello, vendo hórreos, muíños, cruceiros, pombais,
etc. O roteiro sería circular con inicio/final na aldea de Bexo,
pasando por Imo, a Cruz de Avelán e Teaio.
Terceira xornada (17 de agosto): As mámoas de Dodro
Centraremonos no coñecemento do patrimonio megalítico municipal
(mámoas), falando dos xacementos máis importantes deste momento, a
necrópole da Paradegua (GA15033005, GA15033010, GA15033011 e
GA15033012), e visitando outros dous xacemento senlleiros desta
época, concretamente a necrópole da Mina Balouta con dous túmulos
(GA15033003 e GA15033022), nesta visita realizaremos prácticas
ensinando a cubrir as fichas normativas de catalogación de
xacementos. A visita a necrópole farase a pe saíndo da Paxareira.
Cuarta xornada (24 de agosto): Os petróglifos de Dodro
Coñeceremos o patrimonio da Idade do Bronce (petróglifos),
visitando o xacemento máis senlleiro desta época, concretamente os
petróglifos de Bouza Abadín (Ga15033008), nesta visita realizaremos
prácticas ensinando a facer calcos sobre petróglifos. A visita a
Bouza Abadín partirá dende a aldea de Imo.
Quinta xornada (31 de agosto ): Os castro de Dodro
Coñeceremos o patrimonio da Idade do Ferro (castros), visitando
algúns xacementos desta época o castro de Traxeito (GA15033006) ou
de Imo-Castro (GA15033002), nestas visitas realizaremos practicas de
deseño de campo (croques de xacementos). A ruta dos castros partirá
de (Laíño ou Imo).
Como colofón faremos, entre os participantes, unha posta en común
na que se recolla en forma de enquisa as opinións sobre o estado
actual e o futuro do patrimonio cultural dodrés, comparándoo co do
Barbanza, sobre o cal tamén se fará unha enquisa. Os resultados
xunto cos calcos e croques serán remitidos á AXCR “7 de xuño de
1836” para a súa publicación; ó concello de Dodro e ós do
Barbanza.
A actividade será realizada pola AXCR 7 de xuño de 1836 en
colaboración con dous arqueólogos, tal e como se reflexou
anteriormente. Os recursos materiais que se utlizarán, a parte do
local de A Paxareira, serán aqueles necesarios para levar a cabo a
actividade.
As persoas destinatarias da actividade serán os xoves de entre 15 e
30 anos do concello de Dodro e dos concellos dos arredores que teñan
interese por saber o mundo que os rodea e nomeadamente os que teñan
interese no patrimonio
.