martes, 28 de abril de 2015

Os fogares galegos no século XVIII

No século XVIII prodúcese en Galicia a culminación do aumento demográfico comezado no século anterior, ademais do inicio da concentración da poboación no litoral, non polo traslado de habitantes do interior á costa senón por unha disparidade nos ritmos de crecemento, ó facelo dunha forma máis rápida a zona litoral. Os factores que provocaron isto son diversos, pero un dos fundamentais foi a entrada do millo no sistema agrario galego e as transformación que este provocou neste sistema, introducción que se levou a cabo primeiramente na costa que no interior; a importancia do millo radica en que este é un cereal que non necesita moito terreo para producir o gran suficiente para producir o pan necesario para alimentar a unha familia e ademais non consumía excesivos recursos da terra. A maioría da poboación seguía vivindo principalmente no rural(polo que o modelo rural eran o maioritario), tendo Galicia unha baixa taxa de urbanización.
No século XVIII había dous tipos de familia en Galicia; as familias de tamaño pequeno, cunha explotación agraria pequena, con actividades complementarias abundantes e cun sistema de herdanza basado na mellora curta, típico da zona litoral; e a familia de tamaño amplo, cunha explotación agraria máis extensa, cun forte compoñente gandeiro, con escaseza de actividades complementarias e un sistema de herdanza basado na mellora ampla en favor do fillo maior varón, típico da zona interior (Lugo sobre todo). A existencia de dous tipos de familias provocaban que a media do número de persoas por fogar en Galicia no século XVIII estaba arredor dos 4.4 persoas por fogar, non sendo na costa inferior a 3 e superior a 7 individuos nun mesmo fogar, mentres que en Lugo, non baixaban de 5 habitantes e superaban os 7 en moitos casos.
No mapa aprécianse claramente tres áreas ben diferenciadas, que responden ó modelo antes sinalado, podendo apreciarse as diferencias entre o litoral e o interior; unha área de entre 3.8 e 4.7 ind./fog., que ocupa case toda a zona atlántica e cantábrica de Galicia, amais de gran parte de Ourense, dentro desta zona hai certas áreas cunha media de entre 2.9 e 3.7 ind./fog.; outra área atópase en parte das provincias de Lugo, Santiago e Ourense e en puntos dispersos polas outras dúas áreas, esta área  ten unha media de entre 4.8 e 5.5 ind/fog; e a outra área é sitúase na maior parte da provincia de Lugo e noutros tres puntos da primeira área, esta zona presenta unha media superior a 5.6 ind/fog.
A xefatura dun fogar galego do século XVIII estaba ocupada, na meirande parte dos casos, por homes, ben estivesen casados, solteiros ou fosen viuvos.
A emigración, ben fose temporal, polianual ou permanente, provocou a marcha de moitos homes durante longos períodos de tempo, no que as mulleres exercían o seu papel no fogar.
Na familia de tamaño pequeno cabeza de fogar era o pai ata a súa morte ou traslado á casa dun fillo ou filla, ó producirse isto podía herdar a casa e a súa xefatura un home ou unha muller, aínda que tivera algún irmán solteiro na casa, xa que ó ser unha herdanza de mellora curta non tiña restriccións de sexo ó legárselle a todos os irmáns unha cantidade semellante de bens. Mentres que na familia ampla o pai exercía de cabeza de familia ata a súa morte e legáballe esta situación ó seu primoxénito varón, dado que se rexían por unha herdanza de mellora ampla, na que se lle entregaban case todos os bens a un só fillo, que beneficiaba a este; no caso de quedaren na casa irmás solteiras ou segundóns tiña que facerse cargo deles, chegando incluso a emigrar antes de herdar para conseguir máis bens para a familia e unha dote para as súas irmás.
No cadro exponse a situación da xefatura do fogar no século XVIII en catro concellos da zona  litoral occidental galega, pertencentes todos agás Baiona ( que está nunha zona de entre 2.9 e 3.7 ind/fog) a área de entre 3.8 e 4.7 ind/fog., dentro da zona de predominio da familia pequena. No cadro apreciase o gran predominio dos fogares dirixidos por un home casado, non baixa do  58% e incluso Chega en Ares ó 68%, a este síguenos os fogares rexidos por unha muller viúva, entre o 18 e o 24%, e finalmente, cuns números moi parellos, os que teñen como cabeza a un home viúvo ou solteiro ou a unha muller solteira.