Cartografía de Os Campiños, a mámoa 6 é a negra Existe algunha

A adscrición cultural do xacemento é o Neolítico; mentres que a adscrición tipolóxica é a dun túmulo megalítico.
Esta mámoa, igual que as outras desta zona, sitúase nunha pequena chaira na aba sur do Monte Lioira, no monte de Leiro, ó sur a autovía AG 11 (que transcorre por enriba dalgunha destas mámoas), e á beira dun camiño forestal. O túmulo atópase nunha área onde se sitúan tres grupos de mámoas, as de Os Campiños, Monte de Pena e Cuncha Vieira e os petroglifos da Foxa Vella.
A adscrición cronolóxica é 3600 -2700 a.C., sendo polo tanto do da fase de apoxeo do megalitismo, situada entre o Neolítico final e o Calcolítico inicial.
O ano e as circunstancias de descubrimento desta mámoa, e do resto desta necrópole, non e

Os xacementos que podemos atopar no entorno desta mámoa son, nun radio de dous quilómetros e medio, as outras mámoas de Os Campiños (bastante afectadas, e incluso soterradas pola autovía do Barbanza, AG 11), as mámoas de Cuncha Vieira, os petroglifos dos Mouchos e os dos Campos, os castros da Punta do Castro e de As Sercas, as mámoas do Monte de Pena e os petroglifos da Foxa Vella; mentres nun radio de cinco quilómetros está

O xacemento foi reconstruído trala escavación do ano 1983 -84, sendo o seu estado actual lamentable, xa que está cuberta de toxos, incluso dentro da anta facendo case imposible percibir o corredor, agás a súa parte posterior; o que se refire ó túmulo este conservase ben, igual que os muros de contención, aínda que tamén están afectados polos toxos, ademais fáltanlle as laxes que cubrían a anta, non se sabe se foron espoliadas ou levadas ó Museo Arqueolóxico de Pontevedra, onde se di que están. Esta necrópole, non só a mámoa 6, necesita que se tomen medidas inmediatas para a súa conservación, senón dentro de pouco tempo está todo cuberto polo mato, non o estando agora polos lumes do verán de 2006 que limparon a zona; as propostas de conservación dos autores da escavación coinciden coas miñas, hai que acondicionar o lugar para que poida recibir visitas, limpalo, vallalo, sinalizalo e explicalo, ademais de levarlle un mantemento de forma regular. O estado da mámoa 6 aínda é máis vergoñento polo intento da Xunta de facelo BIC (Ben de Interese Cultural).
A primeira prospección, realizada polo Instituto
de Estudios Galegos "Padre Sarmiento" atopou restos, pero como se dixo antes, nin foron catalogados nin publicados, estando estes restos nas instalacións deste organismo; segunda, feita polo Teleclube de Leiro, atopou unha lámina apuntada, unha punta de frecha e fragmentos de cerámica pertencentes a un vaso, que foron gardados no local do Teleclube o Centro Cultural Vicente Vidal, seguindo alí hoxe en día; a escavación arqueolóxica realizada por Fábregas Valcarce e de la Fuente atopou diversos materiais, dos que non se di nada sobre o lugar no que están depositados, polo que se supón que estarán no Museo Arqueolóxico da Coruña, tamén coñecido como Castelo de San Antón.
Bibliografía:
1- “Materiales de un túmulo megalitico de Leiro (Rianxo)” en Gallaecia, nº 8; USC Departamento de Historia I e Arqueoloxía, Santiago, 1984.
2- “Un importante conjunto del Bronce Inicial en Galicia. El depósito de Leiro” en Gallaecia, nº 11, USC Departamento de Historia I e Arqueología, Santiago, 1989.
3- “Escavación da mámoa 6 de os Campiños (Leiro, Rianxo): campaña de 1984” en Brigantium, nº 7; Museu Arqueolóxico e Histórico da Coruña; A Coruña; 1992.
4- “La laja decorada de os Campiños” en Actas do seminario: O megalitismo no centro de Portugal: novos dados, problemática e relaçoes com outras áreas peninsulares, da Cruz, Domingos J. (coor.), Centro de Estudos Pré -Históticos da Beira Alta, O Porto, 1994.
5- Arqueoloxía de Galicia: itinerarios polo pasado, Carballo Arceo, Luís Xulio, Rosadante (Nigratea), Vigo, 2006.
Outras fontes:
- www.rianxo.com
- Fontes orais diversas
- Datos propios