No actual Catálogo Arqueolóxico do concello de Dodro, que aparece colgado xunto co resto da información do PXOM na web do concello, e que foi elaborado por varios arqueólogos durante unhas propspeccións feitas no ano 2009 ten varios erros, pero quizais o máis importante sexa o dar por desaparecida a mámoa nº2 da Paradegua.
Neste catálogo a mámoa nº1 da Paradegua é situada uns metros máis cara o oeste de onde se atopa realmente, mentres no seu lugar sitúan a mámoa nº2. Con respecto a esta última din que non a puideron localizar e que a hai que dar por desaparecida.
En febreiro do ano 2009, mesmo ano no que se fixeron as prospeccións, durante unha visita á zona para ensinarlle as mámoas a un tío meu, puidemos ver a mámoa nº1, moi fácil de ver e de acceder a ela a apesar da vexetación, e tamén atopamos a mámoa nº2 uns metros máis cara o leste, nunha nárea moito máis despexada de vexetación; dende este túmulo apreciábase moi ben a mámoa nº1 e tiña bastante bo aspecto ademais de estar ben conservada.
Esto corrobara a existencia desta mámoa, atestiguada tamén polas fotos que sacamos (agrego unha delas a esta entrada), polo que se non atoparon a mámoa foi ou pola vexetación ou por que buscaron onde non era.
Cabe dicir tamén que as coordenadas desta necrópole, a da Paradegua, ó igual que as de outras necrópoles da zona, datan do momento no que foron catalogadas, aló polos anos 70 no que non existían os GPS's, polo que estas coordenadas foron obtidas mediante mapas e planos e non teñen unha fiabilidade do 100%, senón que son aproximadas.
Esta fotografía e o lugar real no que se sitúa tédelos en GoogleEarth.
viernes, 14 de enero de 2011
miércoles, 22 de diciembre de 2010
O pazo de Vigo
Este mes vouvos facer unha breve redacción sobre o desaparecido pazo de Vigo, tamén coñecido como pazo de Dodro ou Torre do marqués de Bendaña.
Sábese, pola obra antes citada de Bell, que sobre o ano 1919 -1920 o pazo e a torre seguían en pé, pero medio en ruinas. Coa chegada da Guerra Civil e o Franquismo, o propietario do pazo, o Conde de Fenosa, regálalle o pazo ó Caudillo e Xeneralísimo Franco, que desmonta a torre e outros elementos ornamentais e os leva para o seu pazo, as Torres de Meirás (Sada), onde quedarían as pedras tiradas polo xardín, xa que a torre nunca volvería ser montada.
Coa chegada da Transición o pazo e o terreo colindante (o "Solar de Franco") son vendidos a particulares.
Actualmente só se conserva a capela do pazo, e crese que as pedras da torre e os demais motivos ornamentais seguen no pazo de Meirás, pertencente á familia Franco.
O pazo era propiedade do marqués de Bendaña, que era veciño de santiago de Compostela, como así se reflexa no Catastro de Ensenada (1749-53).
O elemento máis importante, e que incluso lle ten dado nome, como na obra do autor escocés Aubrey FG Bell Galicia vista por un inglés, na que é citado, era a súa torre, que tiña unha forma cadrada e ocupaba a parte central do pazo, presentando tamén unha dimensións considerables. Tamén tiña unha capela, separada do resto do pazo.Sábese, pola obra antes citada de Bell, que sobre o ano 1919 -1920 o pazo e a torre seguían en pé, pero medio en ruinas. Coa chegada da Guerra Civil e o Franquismo, o propietario do pazo, o Conde de Fenosa, regálalle o pazo ó Caudillo e Xeneralísimo Franco, que desmonta a torre e outros elementos ornamentais e os leva para o seu pazo, as Torres de Meirás (Sada), onde quedarían as pedras tiradas polo xardín, xa que a torre nunca volvería ser montada.
Coa chegada da Transición o pazo e o terreo colindante (o "Solar de Franco") son vendidos a particulares.
Actualmente só se conserva a capela do pazo, e crese que as pedras da torre e os demais motivos ornamentais seguen no pazo de Meirás, pertencente á familia Franco.
miércoles, 15 de diciembre de 2010
miércoles, 17 de noviembre de 2010
Datos sobre Dodro
jueves, 7 de octubre de 2010
Alturas de Dodro
lunes, 27 de septiembre de 2010
Dodro no Antigo Rexime
Durante o antigo Rexime o actual termo municipal de Dodro estaba dividido nas xurisdiccions de Dodro e Lestrove, e de Rianxo, todas pertencentes a antiga provincia de Santiago.
A xurisdiccion de Dodro e era un couto redondo, estaba formada pola actual parroquia de santa Maria de Dodro (creada na primeira metade do seculo XVIII); o seu señorio (SS e XO) era do marques de Bendaña, que tiña un pazo na aldea de Vigo. Probalemente nalgun momento dependeu da parroquia arzuana de santa Maria de Dodro, que tamen era couto.
A xurisdiccion de Rianxo, conformada pola parroquia de san Xian de Laiño, e dende 1754, trala division desta, tamen pola de san Xoan de Laiño; o seu señorio (Ab. e XO) pertencia o Rvdo. arcebispo de Santiago, o estar dentro da Terra de Santiago. A actual aldea de Bexo era un couto (Coto de Vejo), aparecendo no Catastro de Ensenada (1749 -53) separada do resto da parroquia de san Xian de Laiño (ainda non existia a de san Xoan de Laiño).

lunes, 2 de agosto de 2010
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)