miércoles, 31 de julio de 2013

Roteiros Culturais polo Patrimonio de Dodro

A actividade Roteiros Culturais polo Patrimonio de Dodro constará dunha soa actividade, dividida en cinco días, coa que se buscarán os obxectivos expresados antes, pero principalmente darlles a coñecer o patrimonio que os rodea e inculcarlle o respecto por este ós xóvenes de entre 15 e 30 anos do concello de Dodro e concellos dos arredores.
Os cinco días distribuiranse da seguinte maneira:
Primeira xornada (3 de agosto ): O patrimonio arquitectónico de Dodro
Adicaremoslle o día o coñecemento do patrimonio arquitectónico, especialmente da Idade Moderna, visitando as igrexas, pazos e capelas desta época. O roteiro sairá do pazo de Lestrove, pasando polos núcleos de Sta María de Dodro, Vigo, Tarrío e acabará en s. Xián de Laíño.

Segunda xornada (10 de agosto): O patrimonio etnográfico de Dodro
Nesta xornada coñeceremos o patrimonio etnográfico e a arquitectura popular do concello, vendo hórreos, muíños, cruceiros, pombais, etc. O roteiro sería circular con inicio/final na aldea de Bexo, pasando por Imo, a Cruz de Avelán e Teaio.
Terceira xornada (17 de agosto): As mámoas de Dodro
Centraremonos no coñecemento do patrimonio megalítico municipal (mámoas), falando dos xacementos máis importantes deste momento, a necrópole da Paradegua (GA15033005, GA15033010, GA15033011 e GA15033012), e visitando outros dous xacemento senlleiros desta época, concretamente a necrópole da Mina Balouta con dous túmulos (GA15033003 e GA15033022), nesta visita realizaremos prácticas ensinando a cubrir as fichas normativas de catalogación de xacementos. A visita a necrópole farase a pe saíndo da Paxareira.
Cuarta xornada (24 de agosto): Os petróglifos de Dodro
Coñeceremos o patrimonio da Idade do Bronce (petróglifos), visitando o xacemento máis senlleiro desta época, concretamente os petróglifos de Bouza Abadín (Ga15033008), nesta visita realizaremos prácticas ensinando a facer calcos sobre petróglifos. A visita a Bouza Abadín partirá dende a aldea de Imo.
Quinta xornada (31 de agosto ): Os castro de Dodro
Coñeceremos o patrimonio da Idade do Ferro (castros), visitando algúns xacementos desta época o castro de Traxeito (GA15033006) ou de Imo-Castro (GA15033002), nestas visitas realizaremos practicas de deseño de campo (croques de xacementos). A ruta dos castros partirá de (Laíño ou Imo).
Como colofón faremos, entre os participantes, unha posta en común na que se recolla en forma de enquisa as opinións sobre o estado actual e o futuro do patrimonio cultural dodrés, comparándoo co do Barbanza, sobre o cal tamén se fará unha enquisa. Os resultados xunto cos calcos e croques serán remitidos á AXCR “7 de xuño de 1836” para a súa publicación; ó concello de Dodro e ós do Barbanza.
A actividade será realizada pola AXCR 7 de xuño de 1836 en colaboración con dous arqueólogos, tal e como se reflexou anteriormente. Os recursos materiais que se utlizarán, a parte do local de A Paxareira, serán aqueles necesarios para levar a cabo a actividade.
As persoas destinatarias da actividade serán os xoves de entre 15 e 30 anos do concello de Dodro e dos concellos dos arredores que teñan interese por saber o mundo que os rodea e nomeadamente os que teñan interese no patrimonio
.

jueves, 27 de junio de 2013

Castro de Baroña

Deixo fotos dunha recente visita ó castro de Baroña, un dos exemplos galego mási importantes deste tipo de poboamento da Idade do Ferro.



miércoles, 29 de mayo de 2013

Época de cría de aves

Dende fai uns anos temos un niño de anduriñas na casa, ó que viñan, ata hai dous anos, críar dúas parexas destas aves:


Este ano sumouse tamén outra parexa de paxaros, de cuxa especie non estou seguro:


É o que ten vivir tan cerca dunha paraxe natural como son as Brañas de Laíño

martes, 30 de abril de 2013

Lendas de san Xoán de Laíño

Deixovos varias lendas relacionadas coa parroquia dodresa de san Xoán de Laíño:
No monte próximo ó lugar de Castro (preto do castro) andaba unha vella coas ovellas, e todos os días se He aparecía unha tendiña con cousas bonitas cunha señora moi fermosa. A vella sempre se paraba a ver as cousas, pero un día preguntoulle a señora: —Señoriña, ¿vostede que quere desta tendiña?— ; contestou a vella: —¡Ai!, eu quería aquelas tesoiriñas—. Ó momento desapare-ceu o encanto, pero aquela noite apareceron as tesoiras cravadas na porta da casa da vella, e xa non se volveu repetir o encanto.
• • •
Dicían que o cura de Laíño tina os libros, porque ó chegar preguntou por moitos lugares de encantamentos.
• • •
En Teaio, chegara un vello e preguntou a dous mozos polo Campo da Chisca. E díxolles que se houbera dous atrevidos, iría con eles ó Campo da Chisca, que alí había unha peí de touro e moita riqueza, que os galegos non sabíamos o que había en Galicia. Os mozos, vendo que levaba o libro, non se atreveron a ir con el. Logo contáronllo ás mozas como cousa graciosa, pero ós poucos días foron traballar ó Campo da Chisca e, cando estaban alí, levantouse unha cousa do chan, que non se soubo qué era, e que saíu arrastrándose.
• • •
Un soldado de Araño foi servir ó Rei a África. Alí falou cun mouro que He preguntou de onde era, e de qué zona. Cando lio dixo o soldado, o mouro preguntoulle se sabía onde estaba o Pozo Bastón, que alí tina el enterradas tres filias, e que non sabía o que lie daría se lias trouxera. Deulle ó soldado tres bolos de pan e as instruccións que debería seguir. Chegado á súa casa, deixou os bolos riba da mesa e, ó velos, a muller cortou unha tallada dun. O soldado reprendeuna, pero o mal xa estaba feito. Tomou os pans e foise cara ó Pozo Bastón. Unha vez alí botou un ó pozo e saíu unha moza moi guapa, botou o segundo e saíu outra, logo botou o cortado e saíu unha terceira rapaza, coxa, que caeu e arrastrou con ela ás outras dúas. E aínda seguen alí.
• • •
Nunha zona do monte chamada Bouza Bandín, nas que había unhas marcas que dicían que eran do cabalo de San­tiago.

sábado, 30 de marzo de 2013

Estructuras pétreas en Bexo

O outro día, camiñando polo monte cercano á aldea de Bexo atopeime cunhas formacións rochosas e unhas estructuras de pedra parecidas a elementos patrimoniais arqueolóxicos, pero que o máis seguro sexa que non o sean.


lunes, 25 de febrero de 2013

Cruceiro de Ignacio


 Cruceiro de crucifixo, de granito
 Plataforma cadrangular, tres graos
 Pedestal cadrangular, moi moldurado e cunha gran escocia
 Varal octogonal, comeza cadrado, paramentos recadrados, símbolos da Paixón: MARTELO, CÁLIZ, TENACES, ESCADA, ESPONXA E OUTRO
 Capitel cilíndrico, astrágalo cadrangular liso, ábaco, lados curvos, vértices chafranados, volutas, imaxes nas catro caras
 Cruz rectangular, brazos con chafráns, remates florenzados. Anverso, abraza a san Francisco (escena baseada na visión mística de Murillo), san Francisco apreixa o corpo de Xesús que descrava a man para abrazalo e corresponder dese xeito a tanto amor. Reverso, Virxe do Socorro, anxos coroándoa
A cruz orixinal é a do cruceiro do adro da igrexa parrqouial de san Xoán de Laíño, que foi cambiado polo deste. Esta cruz é circular, leñosa con nós. Anverso, Cristo crucificado, con tres cravos, cabeza caída sobre o ombro esquerdo, mans pechadas, con coroa de espiñas, pano de pureza anoado á dereita, INRI en pergamiño. Reverso, Virxe co neno, coroada, sobre peaña dun querubín
 En non moi bo estado de conservación