lunes, 20 de julio de 2009

Resultado do partido de Solteiros contra Casados

O sábado á tarde tivo lugar no campo de fútbol das Estivadas de Bexo o partido de fútbol entre Solteiros e Casados (actuais campións). O resultado ó final da primeira parte era de 2 - 2, o cal non se movería nin na segunda parte nin na prórroga; polo que houbo que acudir á tanda de penaltis, gañando os Casados por 1 - 3 e revalidando o triunfo conseguido nas tres edicións anteriores.

viernes, 17 de julio de 2009

Resultado I GP de carrilanas de Bexo

Hoxe á tarde disputouse preto do campo das festas de Bexo o I GP de carrilanas desta aldea, cunha gran asistencia de público. Os participantes na carreira foron:
1 -David (Pico)
4 - Alberto
5- Dani
6- Ángel (Perico)
7 -Abel
Conseguido os seguintes tempos:
David (Pico): 1 minuto, 10 segundo, 2 décimas
Alberto: 1 minuto, 13 segundo, 1 décima
Dani: 1 minuto, 27 segundos, 9 décimas
Ángel (Perico): 1 minuto, 16 segundos, 1 décima
Abel: sen tempo por accidente (sen consecuencias físicas) e rotura da carrilana
Sendo o podio do I GP de carrilanas de Bexo:
1º (1) David (Pico), 1:10:2
2º (4) Alberto, (+ 2 segundo, 9 décimas)
3º (6) Ángel (Perico), (+5 segundo, 9 décimas)

domingo, 7 de junio de 2009

Aniversario de Dodro

O día de hoxe é moi significativo no concello de Dodro, non por ser xornada electoral, nin por celebrarse a romaría da Cruz do Avelán, senón que o é por outro motivo menos coñecido, por ser o 173 aniversario do concllo de Dodro, que naceu un 7 de xuño de 1836 por unha escisión do concello de Padrón.

miércoles, 27 de mayo de 2009

Patrimonio de Dodro II

No catálogo arqueolóxico do PXOM do concello de Dodro[1], que debeu ser feito no ano 2006, pero que foi reeditado no ano 2008 durante os cambios introducidos no plan por orde da Xunta. Neste catálogo aparecen máis xacementos, e tamén desaparece un, o castro de Castro; en san Xoán de Laíño sitúanse, o xacemento do Riasós (de adscrición Calcolítico -Bronce), o castro de Bexo ou Murallas, as catro mámoas da Paradegua, a Veiga de Abaixo (zona arqueolóxica de época romana) e o petroglifo número dous do Padronelo en Bexo, o petroglifo número un do Padronelo e o petroglifo de Bouza Abadín en Imo, o castro de Imo -Castro entre estas dúas aldeas e os petroglifos de Lomba das Pozas en Bustelo, ademais tamén se sitúa unha pequena parte dun castro[2] situado entre os concellos de Dodro e Rianxo; en san Xulián de Laíño aparecen, o castro de Traxeito, a mámoa da Mina de Balouta e o petroglifo de A Cabaña/Bouza Nova na Igrexa de Laíño; e finalmente na parroquia de santa María de Dodro están situados, o castro do Monte Xián e o petroglifo do Outeiro dos Corvos en Susavila, o castelo de Monte Villar (de época medieval) e o castro da Ermida en Lestrove, Pedra Redonda (de adscrición tipolóxica descoñecida, aínda que é probable que sexa un castro) e o petroglifo de A Carga en Vigo.
[1] Que actualmente se atopa en fase de primeira aprobación.
[2] Este castro podería ser o antigo de Bexo, anterior ó das Murallas; no traballo consirerarémolo así.

sábado, 18 de abril de 2009

Onde vivimos, importa? II

O colmo dos colmos, veñen de bloquearme unha semana na galipedia por facer artigos de Dodro e os seus persoeiros.
UNHA VERGOÑA!

viernes, 17 de abril de 2009

Onde vivimos, importa?

Fágovos esta pregunta xa que non todos os lugares reciben a mesma atención e se lle dá a importancia que merecen, senón que en moitos casos son marxinados; isto seguro que sucede con moitos lugares, pero eu voume centrar no concello de Dodro, non falando tampouco da marxinación que reciben dentro del algunhas aldeas coma Bexo, senón que me vou centrar globalmente no concello. A primeira mostra desta diferenza de trato podería ser o vacío que lle fixo a ste concello a parte socialista do bipartido da Xunta, política aparte, coa construcción da AG -11 (Autovía do Barbanza) ó non aparecer nunca neste concello ningún dos responsables políticos (Presidente e Conselleira).
Entrando no realmente importante, o primeiro caso é o do Pacto de Lestrove asinado no pazo da Ermida (no que tamén residiron Rosalía, que escribiu poesías aquí e Murguía, que incluso descubríu o castelo de Monte Villar despois dunhas choivas) nesta aldea de Dodro o 26 de marzo de 1930, este pacto, no que participou entre outros Santiago Casares Quiroga (que despois sería ministro e presidente do goberno), servíu para axudar á chegada da II República e unir as forzas republicanas galegas non nacionalistas ante a caída da monarquía e antes do Pacto de San Sebastián que sería a nivel nacional; pois este pacto é moi pouco coñecido, seguramente por ser suscrito en Dodro, se o fose cincocentos metros máis carao leste, en Padrón, seguro que tiñamos que oír falar del ata na sopa.
Outro caso é o do escritor e investigador dodrés, nado en Imo ou Lestrove (non o sei ben), Luís Aguirre del Río, que foi o creador do primeiro diccionario galego -castelán (algo que polo seu temperan falecemento, ós 26 anos, non puido ver publiado); a creación deste diccionario foi moi importante para diferencar o galego do castelán nunha época na que esta diferencia non era moi nítida; como no caso anterior case ninguén coñece a este persoeiro dodrés. Outro escritor dodrés, de Lestrove, Fortunato Cruces Angueira, que tamén era xornalista, foi un emigrado a Bos Aires que tivo unha gran importancia pola súalabor dentro do asosacionismo dentro da emigración galega e foi un dos impulsores da Biblioteca América; coma sempre pasase olimpicamente del e non se lle recoñecen, fora deste concello e dos círculos estudiosos da época, nada disto. Incluso os escritores de Dodro de máis fama coma Eusebio Lorenzo, Anxo Angueira ou Avelino Abuín non son recoñecidos como deberían fóra dos municipais de Dodro.
Un persoeiro de Dodro que foi (e é) moi difamado e pouco valorado, o que máis sufre ser dodrés, é D. Xosé Ramón Reboiras Noia, máis coñecido como Moncho Reboiras, que naceu en Imo e foi asasinado en Ferrol pola garda civil en agosto do 75 ( a uns escasos quilómetros do pazo de Meirás, lugar no que se atopaba veraneando Franco) e está soterrado no cemiterio da súa aldea natal; pois ben, este mártir da patria (ou da nación, segundo como o vexa cada un) só é mencionado nos grupos nacionalista non independentistas polo seu liderado da "Fronte Armada", un grupo armado da UPG de finais do franquismo, e dentro dos grupos independentistas é posto como estanadarte por este feito; vamos que o consideran un terrorista, cando se vivira sería un gran político e un gran nacionalista do BNG, si do BNG non dos independentistas, podendo chegar a disputarlle o liderado do partido a Xosé Manuel Beiras (si Moncho non o conseguía antes), aínda que Beiras é o que menos relación ten con isto. En conclusión, que se luxa a súa imaxe e a súa memoria para que se poidan salvagardar a de outros que así poden optar a grandes postos na política sen ter manchas no expediente.
Se pasamos a outro caso atopámonos coas Brañas de Laíño, humidal sito na zona sur do concello á beira do río Ulla que garda unha gran cantidade de especies vexetais ou animais, algunhas tan importantes como a escriventa das canaveiras, que está en grave risco de extinción e a súa maior poboación está xusto nas Brañas de Laíño; pois o mesmo non se lle da case ningunha importancia (está na Rede Natura 2000 dentro do Sistema fluvial Ulla -Deza, que xa me diredes que é iso.
Bueno non me quero extender máis, así que pecho con esta pregunta, que pasaría se todo isto non fora de Dodro e si, por exemplo,de Padrón ou Rianxo?
Pois que serían moi apreciados e moi importantes, aíndaque non tanto como se foran de Santiago.

viernes, 27 de marzo de 2009

Toque musical

Voulle dar un toque musical a este blog, para o que vos presento (ós que non o coñezades) ó grupo de rock indie YOPLAY; este grupo é da comarca do Sar e ademais o cantante é meu primo, e é de Bexo.

Comezaron hai un ano pero xa teñen un "disco", Killmymother; aqui tedes a súa portada e unha das súas cancións, Wiass.