viernes, 18 de septiembre de 2009

Xacemento arqueolóxico máis antigo de Dodro

Dende sempre se consideraron os petroglifos de Bouza Abadín (Imo) como o xacemento arqueolóxico máis antigo do concello de Dodro, e como o máis antigo en probar o asentamento de persoas nas terras deste concello. Pero esta é unha afirmación errónea, xa que os petroglifos son da Idade do Bronce (1500 -600 a.C.), e existen en Dodro xacementos arqueolóxicos do Megalitismo (4000 -2500 a.C.), o último período do Neolítico (momento no que o home se asentou e comezou a practicar a agricultura e o pastoreo); desta época son as catro mámoas da Paradegua, sitas na aldea de Bexo, e a mámoa do Mina de Balouta, sita en Laíño ó sur da Fonte Primeiral. A seguinte época prehistórica, a Idade co Cobre ou Calcolítico, tamén deixou restos en Dodro, o Xacemento do Riasós, sito enfronte á do Deza, e que é un xacemento subterráneo, non se podendo diferenciar restos arqueolóxicos na superficie. Pero incluso a Idade do Bronce, na que se sitúan os petroglifos, deixou en Dodro máis restos que Bouza Abadín, como son os petroglifos de Lomba das Pozas en Bustelo, os do Padronelo (un en Bexo e outro en Imo), o de A Cabaña/Bouza Nova en Manselle, e os de A Carga e Outeiro dos Corvos en santa María de Dodro; podendo ser calquera destes petroglifos máis antigo que o de Bouza Abadín. Cabe dicir que moitos destes xacementos son moi descoñecidos o que axudou a este erro.

jueves, 13 de agosto de 2009

As miñas sete maravillas do mundo

Pensando, por casualidade, nas actuais sete maravillas do mundo dime onta de que non todas se merecen estar na lista (ademais de que non contan con apoio da UNESCO), polo que me decidín por facer eu a miña propia lista. Pero non se podería comezar unha lista nova sen falar das Sete Maravillas do Mundo Antigo (de esquerda a dereita e de arriba a abaixo):
- A Gran prámide de Giza (Exipto)
- Os Xardíns Colgantes de Babilonia (actual Iraq)
- O Templo de Artemisa en Éfeso (actual Turquía)
- A estatua de Zeus en Olimpia (Grecia)
- A tumba do rei Mausolos en Halicarnaso (actual Turquía)
- O Coloso de Rodas (Grecia)
- O faro de Alexandría (Exipto)
Agora vou dicir cales son paa min as Sete Maravills da Actualidade (algunhas están sen decidir):
· De forma honorífica por estar xa na da Antigüidade a Gran pirámide:
- As pirámides de Giza (Exipto), xa que actualmente todas teñen a mesma importancia e grandiosidade
· Elexidas entre o resto de monumentos:
- Petra en Jordania
- O Machu Pichu en Cuzco (Perú)
- O Taj Mahal en Agra (India)
· Unha maravilla a escoller entre as seguintes (unha de cada grupo):
- Angkor Wat (Camboya)/Basílica de San Pedro (Vaticano)/Stonehenge (Reino Unido)/Chichen Itzá(México)
- Tumba Megalítica de Newgrange (Irlanda)/Santa Sofía (Turquía)/Abu Simbel (Exipto)/Acrópolis de Atenas (Grecia)
- Alhambra de Granada (España)/Teotihuacán (México)/Palacio Real de Budapest (Hungría)/Moais da Illa de Pascua (Chile)

lunes, 20 de julio de 2009

Resultado do partido de Solteiros contra Casados

O sábado á tarde tivo lugar no campo de fútbol das Estivadas de Bexo o partido de fútbol entre Solteiros e Casados (actuais campións). O resultado ó final da primeira parte era de 2 - 2, o cal non se movería nin na segunda parte nin na prórroga; polo que houbo que acudir á tanda de penaltis, gañando os Casados por 1 - 3 e revalidando o triunfo conseguido nas tres edicións anteriores.

viernes, 17 de julio de 2009

Resultado I GP de carrilanas de Bexo

Hoxe á tarde disputouse preto do campo das festas de Bexo o I GP de carrilanas desta aldea, cunha gran asistencia de público. Os participantes na carreira foron:
1 -David (Pico)
4 - Alberto
5- Dani
6- Ángel (Perico)
7 -Abel
Conseguido os seguintes tempos:
David (Pico): 1 minuto, 10 segundo, 2 décimas
Alberto: 1 minuto, 13 segundo, 1 décima
Dani: 1 minuto, 27 segundos, 9 décimas
Ángel (Perico): 1 minuto, 16 segundos, 1 décima
Abel: sen tempo por accidente (sen consecuencias físicas) e rotura da carrilana
Sendo o podio do I GP de carrilanas de Bexo:
1º (1) David (Pico), 1:10:2
2º (4) Alberto, (+ 2 segundo, 9 décimas)
3º (6) Ángel (Perico), (+5 segundo, 9 décimas)

domingo, 7 de junio de 2009

Aniversario de Dodro

O día de hoxe é moi significativo no concello de Dodro, non por ser xornada electoral, nin por celebrarse a romaría da Cruz do Avelán, senón que o é por outro motivo menos coñecido, por ser o 173 aniversario do concllo de Dodro, que naceu un 7 de xuño de 1836 por unha escisión do concello de Padrón.

miércoles, 27 de mayo de 2009

Patrimonio de Dodro II

No catálogo arqueolóxico do PXOM do concello de Dodro[1], que debeu ser feito no ano 2006, pero que foi reeditado no ano 2008 durante os cambios introducidos no plan por orde da Xunta. Neste catálogo aparecen máis xacementos, e tamén desaparece un, o castro de Castro; en san Xoán de Laíño sitúanse, o xacemento do Riasós (de adscrición Calcolítico -Bronce), o castro de Bexo ou Murallas, as catro mámoas da Paradegua, a Veiga de Abaixo (zona arqueolóxica de época romana) e o petroglifo número dous do Padronelo en Bexo, o petroglifo número un do Padronelo e o petroglifo de Bouza Abadín en Imo, o castro de Imo -Castro entre estas dúas aldeas e os petroglifos de Lomba das Pozas en Bustelo, ademais tamén se sitúa unha pequena parte dun castro[2] situado entre os concellos de Dodro e Rianxo; en san Xulián de Laíño aparecen, o castro de Traxeito, a mámoa da Mina de Balouta e o petroglifo de A Cabaña/Bouza Nova na Igrexa de Laíño; e finalmente na parroquia de santa María de Dodro están situados, o castro do Monte Xián e o petroglifo do Outeiro dos Corvos en Susavila, o castelo de Monte Villar (de época medieval) e o castro da Ermida en Lestrove, Pedra Redonda (de adscrición tipolóxica descoñecida, aínda que é probable que sexa un castro) e o petroglifo de A Carga en Vigo.
[1] Que actualmente se atopa en fase de primeira aprobación.
[2] Este castro podería ser o antigo de Bexo, anterior ó das Murallas; no traballo consirerarémolo así.

sábado, 18 de abril de 2009

Onde vivimos, importa? II

O colmo dos colmos, veñen de bloquearme unha semana na galipedia por facer artigos de Dodro e os seus persoeiros.
UNHA VERGOÑA!