lunes, 5 de abril de 2010

Ovidio Murguía de Castro

Ovidio Murguía de Castro nace no pazo da Ermida en Lestrobe (Dodro) en 1871 froito do matrimonio da poetisa Rosalía de Castro e do intelectual galeguista Manuel Murguía. Ós 14 anos queda orfo de nai, algo que terá unha gran importancia na pintura.
Comeza pintando en Santiago de Compostela, na Real Sociedade Económica de Amigos do País, na que estaba como profesor José Fenollera. En 1895 trasladase a Madrid, pero non segue os camiños habituais para facer carreira de pintor oficial, ó non ingresar na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e tampouco solicitar pensións para Roma, algo que naquel momento era imprescindible. Asiste a tertulias literarias e relaciónase con artistas grazas ó seu parente Alejandro Pérez Lugín que o acolle na súa casa. Tamén sae ó campo a pintar paisaxes ó natural e acode con frecuencia ó Museo do Prado a realizar copias dos grandes mestres para exercitarse na pintura.
Despois dun tempo adicado a realizar escenas de xénero e decoracións murais para os palacios de políticos influíntes, a desgusto, por influencia de seu pai, decide vivir alegremente, unha vida bohemia, que non lle será tolerada pola súa saúde precaria. Finalmente falece prematuramente de tuberculose en 1900, o que fixo que fose encadrado na denominada Xeración Doente galega. En vida concurríu a algunhas exposicións, pero non puido crear unha gran obra pola súa morte temperá.

viernes, 19 de marzo de 2010

Pacto de Lestrobe

O 26 de marzo de 1930 asínase no pazo da Ermida de Lestrobe (Dodro) o chamado Pacto de Lestrobe, un acontecemento esencial para a proclamación en Galicia da II República, nun momento de debilidade institucional no que a suposta clandestinidade é un mito; a esta reunión asisten unha gran cantidade de republicanos, pero ningún sector nacionalista, da ORGA e o Partido Radical (cos seus líderes á cabeza, Casares Quiroga e Abad Conde, respectivamente), o Partido Radical- Socialista, o Partido Republicano Federal, representantes da sección galega da FUE, algúns republicanos a título propio e varios sindicalistas ex- militantes da CNT; o obxectivo era crear unha estructura unitaria que representara a todo o republicanismo galego (a FRG) que busque, apostar por unha república democrática, a independencia sobre os partidos de ámbito estatal (igual que a ORGA), defender a propor un Estatuto de Autonomía para Galicia, crear un organismo unitario para unhas posibles eleccións. A partir da FRG darase un gran salto no republicanismo galego, sendo a representación recollida por provincias.


jueves, 18 de febrero de 2010

Evolución do voto en Dodro

Este mes preséntovos o final dun traballo de investigación sobre a vida política recente do concello de Dodro, dúas gráfica feitas a partir dos resultados electrais en Dodro de todas as eleccións celebradas dende a Transición, dende as Xerais de 1977 ata as europeas de xuño de 2009.

Fonte: Elaboración propia a partir do Ministerio do Interior, La Voz de Galicia e El Correo Gallego

Fonte: Elaboración propia a partir do Ministerio do Interior, La Voz de Galicia e El Correo Gallego

jueves, 7 de enero de 2010

D. Fortunato Cruces Angueira

Nesta ocasióin quero falárvos dun gran persoeiro dodrés, como é Fortunato Cruces Angueira, nacido na aldea de Lestrove en 1870, emigrando cara Arxentina en 1885. Aló fundou a sociedaden "Hijos de Rois", o semanario local "La Justicia", o Centro Gallego de Barracas, e o "Correo de Galicia".
Colaborou en distintas puiblicacións como "El Día" de Montevideo, "El Correo Gallego" de Río de Xaneiro, "El Heraldo Cristiano" de Santiago de Chile, "Diario Gallego" da Habana, "Acción Española" de México, "Faro de Vigo" e na revista "Galicia" de Madrid. En 1907 fundou en Montevideo a "Sociedad de Hijos de Valle Miñor" para axudar ós españois desamparados. Ademais foi un dos impulsores da Biblioteca América de Santiago.
Publicou as seguintes obras, "Primeiras Follas", "Castañolas" e "Cousas Gallegas"; deixando sen publicar as obras "Caludiña" e "Temas Camperos".
Faleceu na Arxentina en 1961.
No ano 1949 fora nomeado "Fillo Predilecto" polo concello de Dodro dándolle o seu nome á estrada que pasa por Lestrove, sendo aínda actualmente o único dodrés distinguido destas dúas maneiras polo concello de Dodro.

viernes, 18 de diciembre de 2009

Felicitación de Nadal

Quérovos desexar a todos FELICES FESTAS

martes, 24 de noviembre de 2009

Mámoas 1 e 2 da Paradegua

As mámoas 1 e 2 atópanse no agro de fincas chamado O Tombo, ambas abarcando catro leiras na súa parte máis alta. Para acceder ñas mámoas hai que coller o da “Forestal”, e deste unha ramificación que baixa cara o agro do Tombo e prosigue cara o oeste.
Tanto a mámoa nº 1 como a nº 2 están a pouca distancia do camiño que transita pola parte máis alta do Tombo, ademais de estar separadas entre si por unha distancia aproximada de 47 metros. Ámbalas dúas están cubertas por bastante vexetación, ó igual que as fincas que as rodean, aínda que non é difícil acceder a elas, pero si é complicado ir dunha a outra atallando polo medio das fincas, sendo mellor acceder dende o camiño. En canto á súa forma, semellan uns outeiros de pouca altura cunha dimensión considerable, a que a simple vista só se pode apreciar o túmulo de terra, que agocha no seu interior o dolmen no que se soterraban as persoas, e que á súa vez está soterrado baixo o nivel do chan, así como algunha pedra da coiraza pétrea exterior da mámoa; esto é a proba da boa conservación que teñen, xa que non presentan ningunha proba de violación ou destrucción.


martes, 27 de octubre de 2009

Nacemento do concello de Dodro

O agora municipio de Dodro nos tempos do antigo réxime estaba dividido en dúas xurisdiccións: a de Dodro e Lestrove e a de Rianxo, todas elas pertencentes á provincia de Santiago, dado que só contaba con dúas parroquias, a de san Xulián de Laíño, que tamén abarcaba a actual parroquia de san Xoán de Laíño, que se escindirá a mediados da década dos 50 do século XVIII pola crecida no inverno do rego de Manselle (un pequeno río que desemboca no Ulla e divide ambas parroquias), e a de santa María de Dodro polo outro lado.
Cando se instauran os novos concellos constitucionais, aínda que Dodro non figura, pero si o fan os de Laíño e Lestrove no partido xudicial de Padrón.
O 7 de xuño de 1836, o concello de Padrón divídese en dous, formando unha nova administración local chamada Dodro que integra as parroquias de Santa María de Dodro, San Xulián de Laíño e San Xoán de Laíño.
A capital municipal actual, probablemente dende 1906, é Tallós, onde actualmente se atopa a casa consistorial, pero iso non sempre foi así, a capital municipal estivo tamén en Lestrove e en Vigo.