A aldea dodresa de Castro, pertencente á parroquia de san Xoán de Laíño, recibe o seu nome do castro de Imo-Castro situado no mesmo alto no que se sitúa esta aldea. O nome tamén lle pode vir de que ata o século XX foi unha aldea pechada, formando un conxunto cultural moi fermoso (aínda que na actualidade non se atopa non se atopa nas mellores condicións) que non abunda moito en Galicia, e que forma parte do catálogo de bens culturais do concello de Dodro.
Esta aldea pechada contaba incluso cunha casa celta, unha casa sen porta; ademias de contar cun gran número de hórreos, a cada cal máis fermoso, e de reloxos de sol, incluido un de poste con reloxo por tres lados; ademais dun pombal.
PD: Perdoade que non inclua fotos
jueves, 26 de mayo de 2011
viernes, 22 de abril de 2011
Novos petroglifos de Bouza Abadín
Deixovos algunhas fotos dos petroglifos de Bouza Abadín despois da súa limpeza, así como unhas cazoletas que se descubriron.
martes, 29 de marzo de 2011
Patrimonio de Bexo
Déixovos aqui unha lista con todos os elementos patrimoniais de Bexo. Dalgúns xa fixen unha entrada, e doutros fareina en entradas futuras.
Patrimonio arqueolóxico:
- Mámoa nº1 da Paradegua
- Mámoa nº2 da Paradegua
- Mámoa nº3 da Paradegua
- Mámoa nº4 da Paradegua
- Xacemento do Riasós (situado políticamente en Imo, pero xeograficamente en Bexo)
- Petroglifo nº2 do Padronelo
- Castro de Bexo, tamén coñecido como Murallas
- Castro pequeno de Bexo, pertencente case todo el ó concello de Rianxo
- Xacemento da Veiga de Abaixo
Arquitectura relixiosa:
- Capela de San Mauro e as imaxes, en pedra, de San Pedro e a Virxe do Belén
Arquitectura popular:
- Cruceiro de Grandín ou das Escuras
- Cruceiro de Ignacio
- Cruz de Chan de Viña
- Fonte da Rechenla
- Fonte de Chan de Viña
- Hórreos da Eira da Malla
- Hórreo do Curral

viernes, 18 de febrero de 2011
Historia da aldea de Bexo
As terras que actualmente forman a aldea de Bexo levan ocupadas dende época neolítica, algo que proban as catro mámoas da Paradegua e as nove mámoas que conforman a necrópole do Monte Picoto. A partir deste momento estas terras estiveron ocupadas ata a chegada da Idade Media, quedándonos como mostra o xacemento do Riasós, o petroglifo nº 1 do Padronelo, o castro ou Murallas de Bexo e o xacemento da Veiga de Abaixo.
Na Idade Media aparecería a villa Velegia da que falou Xosé Lois Axeitos no seu discurso de entrada na RAG, e da que pode ser unha mostra o toponimo de Trala Torre que lle da nome a unha rúa de Bexo.
Para a época moderna xa hai restos na actual aldea de Bexo, como a capela de san Mauro ou o coto de Vejo aparecido no Catastro de Ensenada, sendo entre os séculos XV e XVI cando se conforma a aqctual aldea de Bexo.
Pola súa banda a contemporanidade deixounos os muíños do Petouto, Tempeña, Figueiras e o Rial, bañados todos polo Rego das Escuras; o lavadoiro do Rial, e os cruceiros de Grandín ou das escuras e Ignacio, amáis do desaparecido de Sabela.

viernes, 14 de enero de 2011
A mámoa nº2 da Paradegua existe
No actual Catálogo Arqueolóxico do concello de Dodro, que aparece colgado xunto co resto da información do PXOM na web do concello, e que foi elaborado por varios arqueólogos durante unhas propspeccións feitas no ano 2009 ten varios erros, pero quizais o máis importante sexa o dar por desaparecida a mámoa nº2 da Paradegua.
Neste catálogo a mámoa nº1 da Paradegua é situada uns metros máis cara o oeste de onde se atopa realmente, mentres no seu lugar sitúan a mámoa nº2. Con respecto a esta última din que non a puideron localizar e que a hai que dar por desaparecida.
En febreiro do ano 2009, mesmo ano no que se fixeron as prospeccións, durante unha visita á zona para ensinarlle as mámoas a un tío meu, puidemos ver a mámoa nº1, moi fácil de ver e de acceder a ela a apesar da vexetación, e tamén atopamos a mámoa nº2 uns metros máis cara o leste, nunha nárea moito máis despexada de vexetación; dende este túmulo apreciábase moi ben a mámoa nº1 e tiña bastante bo aspecto ademais de estar ben conservada.
Esto corrobara a existencia desta mámoa, atestiguada tamén polas fotos que sacamos (agrego unha delas a esta entrada), polo que se non atoparon a mámoa foi ou pola vexetación ou por que buscaron onde non era.
Cabe dicir tamén que as coordenadas desta necrópole, a da Paradegua, ó igual que as de outras necrópoles da zona, datan do momento no que foron catalogadas, aló polos anos 70 no que non existían os GPS's, polo que estas coordenadas foron obtidas mediante mapas e planos e non teñen unha fiabilidade do 100%, senón que son aproximadas.
Esta fotografía e o lugar real no que se sitúa tédelos en GoogleEarth.

miércoles, 22 de diciembre de 2010
O pazo de Vigo
Este mes vouvos facer unha breve redacción sobre o desaparecido pazo de Vigo, tamén coñecido como pazo de Dodro ou Torre do marqués de Bendaña.
Sábese, pola obra antes citada de Bell, que sobre o ano 1919 -1920 o pazo e a torre seguían en pé, pero medio en ruinas. Coa chegada da Guerra Civil e o Franquismo, o propietario do pazo, o Conde de Fenosa, regálalle o pazo ó Caudillo e Xeneralísimo Franco, que desmonta a torre e outros elementos ornamentais e os leva para o seu pazo, as Torres de Meirás (Sada), onde quedarían as pedras tiradas polo xardín, xa que a torre nunca volvería ser montada.
Coa chegada da Transición o pazo e o terreo colindante (o "Solar de Franco") son vendidos a particulares.
Actualmente só se conserva a capela do pazo, e crese que as pedras da torre e os demais motivos ornamentais seguen no pazo de Meirás, pertencente á familia Franco.
O pazo era propiedade do marqués de Bendaña, que era veciño de santiago de Compostela, como así se reflexa no Catastro de Ensenada (1749-53).
O elemento máis importante, e que incluso lle ten dado nome, como na obra do autor escocés Aubrey FG Bell Galicia vista por un inglés, na que é citado, era a súa torre, que tiña unha forma cadrada e ocupaba a parte central do pazo, presentando tamén unha dimensións considerables. Tamén tiña unha capela, separada do resto do pazo.Sábese, pola obra antes citada de Bell, que sobre o ano 1919 -1920 o pazo e a torre seguían en pé, pero medio en ruinas. Coa chegada da Guerra Civil e o Franquismo, o propietario do pazo, o Conde de Fenosa, regálalle o pazo ó Caudillo e Xeneralísimo Franco, que desmonta a torre e outros elementos ornamentais e os leva para o seu pazo, as Torres de Meirás (Sada), onde quedarían as pedras tiradas polo xardín, xa que a torre nunca volvería ser montada.
Coa chegada da Transición o pazo e o terreo colindante (o "Solar de Franco") son vendidos a particulares.
Actualmente só se conserva a capela do pazo, e crese que as pedras da torre e os demais motivos ornamentais seguen no pazo de Meirás, pertencente á familia Franco.
miércoles, 15 de diciembre de 2010
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)