Tras observar mellor a inscrición recentemente descuberta neste cruceiro, descubríuse que non estaba escrita en latín, estao en castelán, e que falaba dun tal Domingos ou Mingos, pero segue sen estar moi claro que pon na primeira liña. Deixovos unha nova imaxe coas letras resaltadas.
martes, 17 de abril de 2012
lunes, 19 de marzo de 2012
200 anos da Pepa
Hoxe fanse 200 anos da promulgación da constitución española de 1812, máis coñecida como constitución de Cádiz ou La Pepa. Esta constitución, a primeira na historia de España, é única, xa que nela se recoñece que España son todos os territorios da monarquía, non facendo distinción entre os territorios peninsulares e os de ultramar, que poderían ser considerados colonias. Esta consideración, que se expresa no artigo 1º da constitución: "La nación española es la reunión de los españoles de ambos hemisferios", nin se deu antes, nin se daría despois en ningunha outra Lei Fundamental (constitución ou non), escrita ou non, do mundo.
miércoles, 29 de febrero de 2012
Capela de san Mauro de Bexo
A Ermida de santo Amaro, antigamente de san Benito e san Mauro (Madoz confundeas con dúas capelas diferentes ó levar os dous nomes), atópase na aldea de Bexo, rodeada de casas e dun emparrado. Non se sabe con certeza o ano da súa construcción nin o seu autor, pero crese que foi construída no século XVII e clasifícase como un estilo de arquitectura anónima popular.
Esta capela é de planta cuadrangular cun ábside cadrada na cabeceira e muros de cachoteria que sustentan unha bóveda de canón interior rebaixada. A cuberta, de tella curva, é dúas augas.
O inmoble presenta unha tribuna no interior. A fachada principal só ten unha porta sinxela, aínda que hai outra porta lateral e un pequeno campanario.
No seu interior grada dúas imaxes antigas, feitas en pedra, de san Pedro e da Virxe do Belén, ademais dunha figura do patrón, san Mauro, feita en madeira tamén bastante antiga.
lunes, 30 de enero de 2012
O Topónimo Paradegua
O lugar de A Paradegua, hoxe en día comprende a zona entre o núcleo da aldea de Bexo e o Alto da Paradegua, no límite entre os concellos de Dodro e Rianxo, aínda que hai quen o extende ata o núcleo rianxeiro de Burés. Neste lugar, só a parte dodresa, podemos atopar varios xacementos arqueolóxicos, as catro mámoas de Bexo, identificadas con este topónimo, Paradegua, e o castro de Bexo; a estes xacementos poderíanselle unir as mámoas do Monte Picoto sitas no Alto da Paradegua, o Araño a uns centos de metros do castro de Bexo, do que posiblemente dependera. A Paradegua é unha zona montañosa, cun val, no que se sitúan as mámoas de Bexo, non moi amplo e que case non ten superficie que estea totalmente plana.
A orixe do topónimo Paradegua ten varias explicacións, dende que era o lugar no que paraban as eguas que subín cara as terras de Rianxo e o Barbanza, ata que neste lugar era onde eran fecundadas as eguas polos cabalos da zona, gabados polos romanos (esta teoría non a desbotaría tan facilmente). Pero a teoría máis recente, exposta no libro Os nomes na auga. Toponimía de Dodro e Laíño e defendida nalgún documental polo seu autor, refire que este topónimo provén dunha pedra (do latín Para) das eguas, un gran petróglifo perdido no que se representaban cabalos e eguas. Aqui tentarei darlle unha volta a esta teoría.
A posible existencia dun gran petróglifo no que se representaran eguas ou cabalos non sería algo descabellado a priori, pero que dese gravado non quede na actualidade nada máis que o topónimo desbotaa case totalmente, xa que parece moi raro que sobrevivirán as catro mámoas, sobre todo a 1 e 2 que aínda conservan a súa forma tumular, a pesar do descoñecemento por parte dos veciños da súa existencia, e sendo nalgún caso, como pasa coa número 1 un certo estrobo no nivel do terreo, que primeiro sube e despois descende abruptamente, o que unido a que ate finais do século XIX esta mámoa tiña un só dono, resulta raro que non se levaran a cabo intentos de aplanar o terreo. Aínda que non había unha constancia da existencia destes túmulos, si o debeu de haber en tempos, dado que o lugar no que se sitúan as mámoas 1 e 2 recibe o nome de O Tombo.
O outro gran xacemento da zona é o castro de Bexo, que a pesar do inteso saqueo de pedra que sufríu dende o século XIX, aínda garda algún muro, a vinculación popular cos mouros e o topónimo As Murallas co que se nomeaba o lugar, pero ó contrario que coas mámoas a xente maior si coñecía a súa existencia.
Que estes dous xacementos, que antes da reforestación dos montes e do expolio da pedra serían bastante visibles, ó poderse apreciar a forma dos túmulos e os muros castrexos, algo que sucedería no momento no que xurdiu o topónimo Paradegua, algo non posterior á Idade Media; pero que non quede nada da Pedra das Eguas converte a súa posible existencia nunha quimera, sobre todo cando en Bouza Badín continuaron alí os petróglifos, aínda que existen marcas do frustrado intento dalgún canteiro de extraer pedra nesas rochas. Ademais para que a xente se fixara máis neste petróglifo que nos dous castros (Bexo e Foxacos), un deles, o de Bexo, posiblemente de grandes dimensións, e nas quince mámoas ( as 4 da Paradegua e as 11 do Monte Picoto), todos moito máis fáciles de apreciar que unha rocha pousada no chan, provoca que esta rocha tivera unhas dimensións extraordinarias, ou que se atopara nun lugar do camiño moi singular, podendo ser tamén unha referencia para a xente que ía por el, ambas as dúas pouco probables.
Outra opción para Pedra das Eguas podería ser unha rocha grande e moi visible que tivera a forma dun cabalo ou unha egua, e que incluso estivera ligada a algún ritual pre- romano. Neste caso sería Pedra da Egua.

miércoles, 28 de diciembre de 2011
jueves, 15 de diciembre de 2011
miércoles, 23 de noviembre de 2011
Alcaldes de Dodro
Deixovos unha lista cos alcaldes de Dodro coñecidos ata o momento.
[...]
- D. Domingo Manselle ( - 1856)
- D. Agustín Mariño (1856 - )
[...]
- D. Benito Ramos (¿ (1876) - ?)
[...]
- D. Manuel Brañeiro Buela ( -1885)
- D. Fernando Conde Lois (17/1/1885 - 30/6/1885)
- D. Feliciano Barreiro Reboiras (1/7/1885 - )
- D. José Viturro Sóñora ( - 8/2/1910)
- D. Manuel Rodríguez Batalla (8/2/1910 - 5/11/1911)
- D. Francisco Rodríguez (5/11/1911 – 1/1912) interino
- D. Ramón Suárez (1/1912 - 1/1914)
- D. Ramón Ferreirós Manselle (1/1914 - 3/1920)
- D. Francisco Boga Manselle (3/1920 – 10/1923)
- D. Francisco Vázquez Torres (10/1923 - 3/3/1924)
- D. Constantino Pérez Carou (3/3/1924 - 27/3/1925)
- D. Manuel Pérez Lois (27/3/1925 - 26/2/1930)
- D. Ramón Ferreirós Manselle (26/2/1930 -16/4/1931)
- D. Manuel Sóñora Buela (15/3/1931 -16/4/1931) interino
- D. Juan Francisco Siage Rodríguez (16/4/1931 – 1932)
- D. Benigno Baleirón Pérez (1932 - 18/7/1936)
- D. José González Fabeiro (18/8/1936 – 14/3/1940)
- D. Jenaro Vidal Castro (14/3/1940 – 29/4/1944)
- D. Francisco Méndez Mariño (29/4/1944 – 28/3/1959)
- D. Francisco Ferro González (28/3/1959 -6/7/1959) interino
- D. Manuel Morales Pérez (6/7/1959 – 3/4/1979)
- D. José Fernando Vila Brión (3/4/1979 – 16/6/2007)
- D. Arturo Díaz Díaz (16/6/2007 – 11/6/2011)
- D. Valentín Alfonsín Somoza (11/6/2011- 15/6/2019)
- D. Francisco Xavier Castro Tourís (15/6/2019- )

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)