O outro día, camiñando polo monte cercano á aldea de Bexo atopeime cunhas formacións rochosas e unhas estructuras de pedra parecidas a elementos patrimoniais arqueolóxicos, pero que o máis seguro sexa que non o sean.
sábado, 30 de marzo de 2013
lunes, 25 de febrero de 2013
Cruceiro de Ignacio
Cruceiro
de crucifixo, de granito
Plataforma
cadrangular, tres graos
Pedestal
cadrangular, moi moldurado e cunha gran escocia
Varal
octogonal, comeza cadrado, paramentos recadrados, símbolos da Paixón: MARTELO,
CÁLIZ, TENACES, ESCADA, ESPONXA E OUTRO
Capitel
cilíndrico, astrágalo cadrangular liso, ábaco, lados curvos, vértices
chafranados, volutas, imaxes nas catro caras
Cruz
rectangular, brazos con chafráns, remates florenzados. Anverso, abraza a san Francisco
(escena baseada na visión mística de Murillo), san Francisco apreixa o corpo de
Xesús que descrava a man para abrazalo e corresponder dese xeito a tanto amor.
Reverso, Virxe do Socorro, anxos coroándoa
A cruz orixinal é a do cruceiro do adro da igrexa parrqouial de san Xoán de Laíño, que foi cambiado polo deste. Esta cruz é circular, leñosa con nós. Anverso, Cristo crucificado, con tres cravos, cabeza
caída sobre o ombro esquerdo, mans pechadas, con coroa de espiñas, pano de
pureza anoado á dereita, INRI en pergamiño. Reverso, Virxe co neno, coroada,
sobre peaña dun querubín
En non
moi bo estado de conservación
martes, 29 de enero de 2013
sábado, 22 de diciembre de 2012
jueves, 22 de noviembre de 2012
Novo muíño en Imo
As obras do AVE ó seu paso pola aldea de Imo na parroquia de san Xoán de Laíño (Dodro) restauraron un muíño nesta aldea. O muíño sitúanse baixo a autovía da Barbanza AG11, á altura do cartel indicativo do río Imo, aínda que o acceso é pola pista que vai á igrexa parroquial dende Bexo. Tamén se pode ver o muíño dende o lugar de O Montiño, nas inmediacións da igrexa.
martes, 30 de octubre de 2012
Dodro no Antigo Réxime
Déixovos un mapa no que se mostran as divisións existentes nas terras do actual concello de Dodro durante o Antigo Réxime, antes da creación dos concellos constitucionais, primeiro Laíño e Lestrove e ó ano seguinte Dodro unificando estes dous.
miércoles, 19 de septiembre de 2012
Muíño da Devesa
Tamén chamado muíño de Valentín. Muíño de regato
ou cubo utilizado para moer gran. Antigamente tamén se utilizaba para producir
electricidade.Unha particularidade deste muíño é a grande altura que se tentou
acadar coa canle para gañar a altura suficiente para darlle forza ao auga e
facelo funcionar.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)






