Deixovos varias lendas relacionadas coa parroquia dodresa de san Xoán de Laíño:
No monte próximo ó
lugar de Castro (preto do castro) andaba unha vella coas ovellas,
e todos os días se He aparecía unha tendiña con cousas bonitas
cunha señora moi fermosa. A vella sempre se paraba a ver as
cousas, pero un día preguntoulle a señora: —Señoriña,
¿vostede que quere desta tendiña?— ; contestou a vella: —¡Ai!,
eu quería aquelas tesoiriñas—. Ó momento desapare-ceu o
encanto, pero aquela noite apareceron as tesoiras cravadas na
porta da casa da vella, e xa non se volveu repetir o encanto.
• • •
Dicían que o cura de
Laíño tina os libros, porque ó chegar preguntou por moitos
lugares de encantamentos.
• • •
En Teaio, chegara un vello e
preguntou a dous mozos polo Campo da Chisca. E díxolles que se
houbera dous atrevidos, iría con eles ó Campo da Chisca, que alí
había unha peí de touro e moita riqueza, que os galegos non
sabíamos o que había en Galicia. Os mozos, vendo que levaba o
libro, non se atreveron a ir con el. Logo contáronllo ás mozas
como cousa graciosa, pero ós poucos días foron traballar ó
Campo da Chisca e, cando estaban alí, levantouse unha cousa do
chan, que non se soubo qué era, e que saíu arrastrándose.
• • •
Un soldado de Araño foi servir ó
Rei a África. Alí falou cun mouro que He preguntou de onde era,
e de qué zona. Cando lio dixo o soldado, o mouro preguntoulle se
sabía onde estaba o Pozo Bastón, que alí tina el enterradas
tres filias, e que non sabía o que lie daría se lias trouxera.
Deulle ó soldado tres bolos de pan e as instruccións que debería
seguir. Chegado á súa casa, deixou os bolos riba da mesa e, ó
velos, a muller cortou unha tallada dun. O soldado reprendeuna,
pero o mal xa estaba feito. Tomou os pans e foise cara ó Pozo
Bastón. Unha vez alí botou un ó pozo e saíu unha moza moi
guapa, botou o segundo e saíu outra, logo botou o cortado e saíu
unha terceira rapaza, coxa, que caeu e arrastrou con ela ás
outras dúas. E aínda seguen alí.
• • •
Nunha zona do monte chamada Bouza Bandín, nas
que había unhas marcas que dicían que eran do cabalo de
Santiago.
|
martes, 30 de abril de 2013
Lendas de san Xoán de Laíño
Suscribirse a:
Entradas (Atom)