martes, 17 de febrero de 2009

Patrimonio de Dodro

O concello de Dodro posúe un abundante patrimonio cultural, do que se cita a continuación cítanse os elementos máis importantes divididos en elementos arqueolóxicos e elementos arquitectónicos.
Os elementos arqueolóxicos máis destacados do concello de Dodro son, en orde cronolóxica segundo a súa antigüidade:
- Mámoas[1] da Paradegua, que é un grupo de catro túmulos funerarios megalíticos, situados na aldea de Bexo no lugar chamado a Paradegua, que lles da nome, entre a autovía da Barbanza e o cortafogos da alta tensión abaixo da estrada AC -305; estas mámoas representan, en contra do que se di normalmente, o vestixio máis antigo de asentamento de persoas nas terras deste concello, privilexio que actualmente reciben os petroglifos de Bouza Abadín algo máis recentes que as mámoas, xa que estas pertencen ó último período do Neolítico galego, que comparte co resto da fachada atlántica e con gran parte do resto de territorios da península Ibérica, período que ten unha cronoloxía de 3500 -3000 a C o que lles outorga a estas mámoas uns 5000 -5500 anos de antigüidade. Estas mámoas atópanse moi vinculadas ás do Monte Picoto situadas no alto da Paradegua xa no concello de Rianxo, e estarían unidas con outros catro grupos de mámoas do concello de Rianxo, as mámoas da Bacariza, as de os Campiños, as da Foxa Vella e as de Cuncha Vieira formando un pequeno parte megalítico.
- O seguinte elemento deste tipo sería o xacemento do Riasós, que parece ser que tamén é unha mámoa; este xacemento sitúase xeograficamente na aldea de Bexo, pero politicamente na de Imo, xa que se atopa en fronte á do Deza a uns poucos metros do Redondo; en canto á cronoloxía esta é semellante á das mámoas da Paradegua e coma elas tamén é o vestixio máis antigo de residencia en Dodro. De ser realmente unha mámoa tería moita importancia por situarse tan preto dun río cun caudal como o do Ulla nesta zona, xa que normalmente estes túmulos funerarios, así como as construccións megalíticas, soen situarse no medio do monte.
- Seguindo con este reconto chegamos ós petroglifos de Bouza Abadín situados na aldea de Imo arriba da área de servicio da autovía e das granxas de Refoxo; estes petroglifos son un conxunto de interese histórico e artístico da Idade do Bronce formado por gravados circulares e figuras de animais moi esquematizados. Normalmente é considerado o vestixio máis antigo de residencia neste concello, algo falso xa que a súa cronoloxía é de 2100 -900 a C que lles proporciona uns 3000 -4000 anos de antigüidade, uns 2000 anos máis recentes que as mámoas. Cabe dicir tamén que son o único petroglifo coñecido existente neste concello, ademais de o único xacemento sinalizado.
- Os seguintes elementos arqueolóxicos pertencen á cultura castrexa (800 a C -século IV -V d C) da que abundan os vestixios en Dodro, un total de seis castros importantes. Os castros son os primeiros asentamentos humanos fixos coñecidos en Galicia e Portugal, ademais de ser o antecedente das villae altomedievais. Castro, Imo, Bexo, Traxeito, Monte Xián e Lestrove.
· O de Castro, que posiblemente lle dea nome a esta aldea sitúase na elevación na que se asenta esta aldea ó norte do castro de Imo, sendo maior que este , pero que actualmente se atopa moi modificado e coas defensas derruídas para o aproveitamento agrícola do terreo, podendo recollerse pequenos restos de cerámica nas terras de labor. O concello de Dodro posúe un abundantes patrimonio cultural, do que se cita a continuación cítanse os elementos máis importantes divididos en elementos arqueolóxicos e elementos arquitectónicos.
Os elementos arqueolóxicos máis destacados do concello de Dodro son, en orde cronolóxica segundo a súa antigüidade:
- Mámoas[1] da Paradegua, que é un grupo de catro túmulos funerarios megalíticos, situados na aldea de Bexo no lugar chamado a Paradegua, que lles da nome, entre a autovía da Barbanza e o cortafogos da alta tensión abaixo da estrada AC -305; estas mámoas representan, en contra do que se di normalmente, o vestixio máis antigo de asentamento de persoas nas terras deste concello, privilexio que actualmente reciben os petroglifos de Bouza Abadín algo máis recentes que as mámoas, xa que estas pertencen ó último período do Neolítico galego, que comparte co resto da fachada atlántica e con gran parte do resto de territorios da península Ibérica, período que ten unha cronoloxía de 3500 -3000 a C o que lles outorga a estas mámoas uns 5000 -5500 anos de antigüidade. Estas mámoas atópanse moi vinculadas ás do Monte Picoto situadas no alto da Paradegua xa no concello de Rianxo, e estarían unidas con outros catro grupos de mámoas do concello de Rianxo, as mámoas da Bacariza, as de os Campiños, as da Foxa Vella e as de Cuncha Vieira formando un pequeno parte megalítico.
- O seguinte elemento deste tipo sería o xacemento do Riasós, que parece ser que tamén é unha mámoa; este xacemento sitúase xeograficamente na aldea de Bexo, pero politicamente na de Imo, xa que se atopa en fronte á do Deza a uns poucos metros do Redondo; en canto á cronoloxía esta é semellante á das mámoas da Paradegua e coma elas tamén é o vestixio máis antigo de residencia en Dodro. De ser realmente unha mámoa tería moita importancia por situarse tan preto dun río cun caudal como o do Ulla nesta zona, xa que normalmente estes túmulos funerarios, así como as construccións megalíticas, soen situarse no medio do monte.
- Seguindo con este reconto chegamos ós petroglifos de Bouza Abadín situados na aldea de Imo arriba da área de servicio da autovía e das granxas de Refoxo; estes petroglifos son un conxunto de interese histórico e artístico da Idade do Bronce formado por gravados circulares e figuras de animais moi esquematizados. Normalmente é considerado o vestixio máis antigo de residencia neste concello, algo falso xa que a súa cronoloxía é de 2100 -900 a C que lles proporciona uns 3000 -4000 anos de antigüidade, uns 2000 anos máis recentes que as mámoas. Cabe dicir tamén que son o único petroglifo coñecido existente neste concello, ademais de o único xacemento sinalizado.
- Os seguintes elementos arqueolóxicos pertencen á cultura castrexa (800 a C -século IV -V d C) da que abundan os vestixios en Dodro, un total de seis castros importantes. Os castros son os primeiros asentamentos humanos fixos coñecidos en Galicia e Portugal, ademais de ser o antecedente das villae altomedievais. Castro, Imo, Bexo, Traxeito, Monte Xián e Lestrove.
· O de Castro, que posiblemente lle dea nome a esta aldea sitúase na elevación na que se asenta esta aldea ó norte do castro de Imo, sendo maior que este , pero que actualmente se atopa moi modificado e coas defensas derruídas para o aproveitamento agrícola do terreo, podendo recollerse pequenos restos de cerámica nas terras de labor.
· O castro de Imo sitúase entre as aldeas de Imo e Castro, ten no seu conxunto unha forma case triangular, moi redondeada, co seu vértice apuntando cara o sur, o seu estado de conservación é bastante bo, sen modificacións apreciables a excepción da parte norte, na que se escavou algo para aproveitamento do cultivo; diante do castro, a uns 100 metros, hai unha pequena elevación cun peche elíptico de grandes pedras cravadas no chan,denominada a ”A Coroa da Moura”. Este xacemento é o máis coñecido e estudiado de todos, sufrindo unha escavación arqueolóxica nos anos 60.
· O castro da Veiga de Abaixo ou Murallas, sitúase en Bexo na Paradegua, onda o Monte Carboeiro; a situación do castro non é moi boa, xa que se utilizaron as súas pedras para a construcción, quedando actualmente moi poucas. Dende este lugar gózase da mellor vista do estuario do Ulla, ademais de outras grandes panorámicas.
· O castro de Traxeito sitúase nesta aldea do concello; actualmente non é moi coñecido o seu estado, nin é moi estudiado.
· O castro do Monte Xián sitúase en Revixós e tamén é moi descoñecido.
· O castro de Lestrove sitúase tralo Pazo de Ermida, na caída do monte de Vilar, un xacemento de forma circular que se atopa cuberto de densa vexetación o que impide poder apreciar ben a súa estructura. Cabe destacar que foi descuberto en 1872 por Don Manuel Murguía tras unha subida da auga durante unha forte choiva. Durante a Idade Media puido ser a residencia dun xefe.
A estes hai que engadir un posible castro antigo de Bexo situado a carón da pista que vai cara a Teaio e do que a gran maioría pertence ó concello de Rianxo.
No concello existen outros pequenos xacementos arqueolóxicos, pero debido ó seu descoñecemento agora ímolos obviar.
Dodro conta cunha boa cantidade de elementos arquitectónicos, pero vaise obviar as tres igrexas parroquiais, San Xián do século XVII, Santa María de Dodro e San Xoán de Laíño do século XVIII, todas con retablos e outros elementos de gran importancia; ademais desbótanse a capela de san Mauro de Bexo do século XVII e que garda dúas imaxes antigas en pedra de san Pedro e da Virxe do Belén, e as capelas do Leite en Laíño e de san Xosé en Imo tamén de época moderna. Dito isto cítanse o patrimonio arquitectónico máis destacado do concello:
- Cruz de Abelán, este cruceiro datado en 1672 é o cruceiro de capela ou loreto máis antigo de toda Galicia. Este cruceiro sitúase ó norte da igrexa de san Xoán de Laíño, no cruce dos camiños que van cara a Imo, Bexo, Teaio e a Devesa, nunha gran explanada. Consta dunha grosa columna, que descansa sobre unha escada de tres chanzos, onde se alza unha capeliña coroada por un Cristo. Non se sabe se foi de ánimas por non aparecer estas citadas no seu epígrafe.
- Cruceiro de Bustelo, datado en 1893, pero cunha gran importancia etnográfica e patrimonial pola función funeraria que tivo, ó ser soterrados na súa base os nenos falecidos sen bautizar. Foi construído por sete veciños de Bustelo emigrados a Cuba.
- Hórreos da Lavandeira en Imo, situados neste lugar de Imo, son un conxunto de once “hórreos de terra” do século XVIII de planta rectangular en cámara de madeira, que están considerados como as edificacións máis importantes de Galicia. Segundo o grupo de goberno do concello estes hórreos reciben visitas turísticas, sendo un gran atractivo para o concello.
- O pazo de Lestrove ou do Anxo da Garda, pola capeliña que garda no seu interior, foi morada de descanso dos coéngos e arcebispos composteláns ata a súa desamortización en 1836 -37 pasando a mans seculares e volvendo despois ó cabido santiagués. Foi construído no século XVI, cunha grande envergadura, con planta en U cunha longa fachada principal totalmente simétrica, que consta dunha porta centrada e de ocos con molduras barrocas; cara á fronte do inmoble péchase tamén unha longa fachada na que, nun lateral, se inclúe a capela do pazo; ademais conta con varios alpendres, está rodeado por un terreo duns 7000 m² con emparrados, árbores froiteiras e bancos de pedra, tamén ten un gran patio cunha fonte barroca do século XVIII de tres corpos rematada cun Santiago peregrino situada no seu centro.
- O pazo de Ermida, en Lestrove, é Patrimonio Histórico coa categoría de monumento; atópase nunha ladeira cunha boa vista de Padrón e do val, cunha extensión de 500 ferrados, unha das extensións máis grandes da comarca, parcela que se atopa amurallada de pedra e repoboada de piñeiros na parte máis afastada do edificio. O ángulo formado pola edificación crea un recanto moi agradable, cuberto por unha viña e cunha fonte de pedra no extremo. A fachada principal presenta un corpo central e dúas torres de planta cuadrangular en cada extremo; cara á parte posterior desenvólvese nun formato en L que xorde como resultado de engadidos a unha estructura arquitectónica que, nun principio debeu ser rectangular. A construcción orixinal eran dúas torres defensivas, pero debido ás distintas incursións sufriron danos, ata que no século XVII se reconstruíron uníndoas cun corredor e converténdoas en pazo; os constructores foron os mariñeiros da bisbarra axudados por algún constructor que fixo as pallozas dos Ancares, dada a similitude da construcción da cociña, redondeada e cun ángulo semellante. Neste pazo residiron Rosalía de Castro e o seu home Manuel Murguía, e o 26 de marzo de 1930 firmouse nel o Pacto de Lestrove que creou a Federación Republicana Gallega (FRG) e foi peza clave na chegada da II República a Galicia.
- O pazo de Tarrío, situado na parroquia de san Xián de Laíño, tivo diversas fases constructivas, que se iniciaron en 1567 coa fundación do morgado por Antonio Ballesteros del Mazo; a edificación desenvolvese configurando unha planta en L, cun capela ó sur. O máis significativo deste pazo é que dos seus primeiros propietarios proviña don Luís López Ballesteros, un gran liberal galego, ministro de Facenda en 1822 e que estivo ó pé da cama de Fernando VII cando este faleceu.
Dado que este patrimonio ten unha gran riqueza material, polo menos o que se conserva nalgúns elementos, histórica, tanto a nivel municipal coma supramunicipal, e turística, e que as comunidades de montes, nas cales está moito deste patrimonio, teñen moitos recursos económicos non empregados, pídese, non só para o patrimonio citado:
- A limpeza dos elementos patrimoniais que o necesiten.
- A súa sinalización individual.
- Por carteis neles informando da súa importancia.
- A creación dunha ruta de sendeirismo que os una.
[1] Unha mámoa componse dunha cámara funeraria feita con pedras chamada dolmen ou anta e un túmulo de terra que cubre a anta ou dolmen. O nome venlle da súa similitude co peito dunha muller.

No concello existen outros pequenos xacementos arqueolóxicos, pero debido ó seu descoñecemento agora ímolos obviar. O concello de Dodro posúe un abundantes patrimonio cultural, do que se cita a continuación cítanse os elementos máis importantes divididos en elementos arqueolóxicos e elementos arquitectónicos.

Este patrimonio ten unha gran riqueza material, polo menos o que se conserva nalgúns elementos, histórica, tanto a nivel municipal coma supramunicipal, e turística.
[1] Unha mámoa componse dunha cámara funeraria feita con pedras chamada dolmen ou anta e un túmulo de terra que cubre a anta ou dolmen. O nome venlle da súa similitude co peito dunha muller.

No hay comentarios: