A primeira é unha táboa que mostra os resultados da tres últimas eleccións municipais, 2007, 2011 e 2015, se as dúas zonas que conforman Dodro, Laíño e Dodro, foran concellos separados como antigamente eran. Laíño estaría conformada polas súas dúas parroquias, san Xoán e san Xián, mentras Dodro comprendería a actual parroquia de santa María (antigo couto de Dodro e Lestrobe).
Ambos os dous concellos terían 9 escanos, ó situarse a súa poboación entre 1001 e 2000 habitantes. Laíño tería tres mesas, Teaio, Imo e Chenlo, mentras Dodro tería dúas, Lestrobe e Dodriño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario